Monday 20 de May de 2024

O Partido Popular de Sada esixe ao alcalde “reaccionar” #ante a falta de seguridade no Concello.


O Partido Popular de Sada insta unha vez máis ao alcalde para “reaccionar “ #ante a inseguridade no municipio alimentada pola limitación de medios para facer fronte á mesma.
Ademais da os habituais roubos en locais de hostalería, (aproveitando a noite e a falta de vixilancia), hai que engadir nesta ocasión, unha rifa na que se utilizou unha arma de fogueo na que inicialmente nin se puido contactar coa policía local. Estes feitos fan preguntarse , por que esa pasividade, esa falta de reacción que desde o Partido Popular leva denunciando pleno a pleno e comisión a comisión desde hai meses.

Cambiar a rotación das quendas da policía local, para evitar situacións como a actual na que hai cinco axentes na mañá e ningunha patrulla a maioría das noites , levar a cabo unha convocatoria de prazas suficientes, reforzar a presenza policial con horas extras ou gratificacións, son algunhas das medidas que estarían dispostos a apoiar os populares como posibles vías de mellora da situación actual.
Hai pouco, o grupo municipal do Partido Popular, sacou á luz Memorias técnicas de seguridade e Plans de emerxencias cheos de fallos por “ copia e pegas” , contratados para a seguridade de eventos como a Cabalgata de Reyes ou o Desfile de entroido, deixando en evidencia a falta de seriedade e responsabilidade do goberno local en materia de seguridade cidadá, unha vez máis.
“ Preocúpanos especialmente e de maneira inmediata o festival que se vai a celebrar esta fin de semana, o Touliña Pop”
“ Esperemos que as medidas de seguridade, incluída a presenza da Policía local estea á altura deste gran evento, e que tanto os veciños, visitantes, hostaleiros e comerciantes sentan seguros, e sigan gozando de todo o que Sada pode ofrecer”, comenta Esperanza Arias.

Para a próxima convocatoria da Comisión de Seguridade, o Partido Popular solicitará que se convide a comparecer na mesma a representantes do tecido asociativo do concello : asociacións de veciños, comerciantes, hostaleiros…
“Desde algunha asociación pedíronnolo directamente, na rolda de contactos e reunións que estamos a levar a cabo estes días” engadiu a portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular.

Deja un comentario